VIVIR NAS INSTALACIÓNS ACTUAIS É PERIGOSO
En Vacaloura vivimos nun terreo de aluguer, as instalacións son moi antigas e están moi deterioradas.
Precisamos mudarnos ao terreo novo para garantir a seguridade e o futuro de Vacaloura.
PORQUÉ NECESITAMOS MUDARNOS EN 15 SEGUNDOS
Precisamos mudarnos para non malgastar cartos en obras
As instalacións actuais son antigas e necesitan moitos arranxos, imos poñendo parches a medida que podemos, pero non podemos permitirnos facer grandes obras e investimentos para despois deixalo todo atrás.
OVELLAS
O recinto das ovellas está moi deteriorado, os muros interiores que dividían o espazo en 4 derrubáronse e o que é peor, unha parte do chan afundiuse deixando un burato que vai dar a unha caída de 1.20 M ao lugar onde se acumulaba o purín. Temos cuberto ese burato con comedeiros de cemento pero cada vez é máis grande e temos medo de que unha ovella se cole e caia por el. Nunha ocasión xa se colou unha das gatas do santuario (Troska) que quedou atrapada e tivemos que romper parte da parede para poder acceder a ela e rescatala.
ANIMAIS GRANDES
A nave principal é moi antiga, a primeira en construírse na zona hai xa varias décadas. Ten goteiras en numerosas partes do tellado a pesar dos pequenos arranxos que fomos facendo, os muros interiores caeron polo seu mal estado e as paredes exteriores desfanse ao roce coas mans debido ao desgaste da auga de chuvia que se escorrega por elas. Cando chove moito as camas dos animais móllanse, o estado da estrutura pon en perigo a vida dos animais a medio prazo.