COMO AXUDAR

Cada quen axuda como pode

Podes doarnos materiais de construcción que xa non necesites ou se prefires mercalos e facérnolos chegar.

Podes facernos chegar mobles que non utilices. Viríannos xenial para a casa do voluntariado.

Precisamos electrodomésticos para a casa do voluntariado. Podes mercar uns novos ou doarnos algúns que xa non uses.

Se eres profesional da construcción, electricidade, fontanería... podes vir botarnos unha man.

Podes unirte ao voluntariado residente para vivir no novo santuario á vez que se constrúe.

Se cres que tes algo que podas ofrecer, escríbenos e vemos se é posible se podes axudarnos desa forma.

Aporta o teu corazón desde 5€

Merca na tenda solidaria do santuario. Todo o recadado é para os animais.

O 100% dos beneficios de A Ovella Negra van destinados ao santuario.

Vive a construcción do #ParaísoVacaloura desde dentro

Vivirás na zona do voluntariado compartindo a experiencia coas demais persoas que estean nese momento no programa de voluntariado residente.
Nalgúns momentos da semana uniranse máis voluntariado para dar apoio nas construcións.

 

As túas mans serán máis valiosas que nunca, xa que construirán as instalacións onde os máis de 300 animais de vacaloura pasarán o resto da súa vida.
Non te preocupes se non tes experiencia, terás axuda e apoio por parte de outres voluntaries.

Necesitamos que todo o perímetro e as diferentes zonas dos animais estean valadas para que non poidan saír ao exterior dos terreos do santuario ou a zonas doutras especies.
A súa seguridade é o máis importante.

MUDARNOS CANTO ANTES AO NOVO TERRENO SIGNIFICA

Aforro
A diferenza de que que no terreo que estamos agora, que é de alugueiro, no terreo definitivo as obras que fagamos serán definitivas e non as deixaremos atrás ó rematar o contrato de aluger
Seguridade

Poderemos facer valados máis seguros, aínda que teñamos que invertir máis tempo e recursos, pois serán definitivos

Estabilidade

O terreo será para sempre para os animais e nunca ningén poderá botalos de alí

Saúde

Poderemos construir instañacións que nos axuden a velar pola saúde dos animais, resgardándoos das inclemencias do tempoe aillando os seus pés da auga e da chuvia

Crecemento

No novo terreo, cunhas novas instalacións, poderemos abrir as novas portas a novos casos de animais que necesites un paraíso para vivir e ser felices, lonxe de quen quere facerlles dano

Continuidade

Ter un terreo en propiedade dános a seguridade e tranquilidade de que os animais terán para sempre un lugar onde vivir.

Sen tempo de caducidade.