Tamén podedes seguir achegando os vosos corazóns para axudarnos cos gastos das obras necesarias e o traslado dos animais ao novo terreo
Contador de corazóns:
Xa temos: 5932 corazóns dos 20.000 que necesitamos
Faltan -48 días para conseguilo
MUDARNOS CANTO ANTES AO NOVO TERREO SIGNIFICA
Aforro
A diferenza de que que no terreo que estamos agora, que é de alugueiro, no terreo definitivo as obras que fagamos serán definitivas e non as deixaremos atrás ó rematar o contrato de aluger
Seguridade
Poderemos facer valados máis seguros, aínda que teñamos que invertir máis tempo e recursos, pois serán definitivos
Estabilidade
O terreo será para sempre para os animais e nunca ninguén poderá botalos de alí
Saúde
Poderemos construir instalacións que nos axuden a velar pola saúde dos animais, resgardándoos das inclemencias do tempo e aillando os seus pés da auga e da chuvia
Crecemento
No novo terreo, cunhas novas instalacións, poderemos abrir as novas portas a novos casos de animais que necesiten un paraíso para vivir e ser felices, lonxe de quen quere facerlles dano
Continuidade
Ter un terreo en propiedade dános a seguridade e tranquilidade de que os animais terán para sempre un lugar onde vivir.
Sen tempo de caducidade.
